XOVES DE COMADRES

16-02-2012

Início do Evento: 0h00 (hora local)

Final do Evento: 0h00 (hora local)

Localização: Praza García Barbón

Pola noite, as comadres encherán todos os restaurantes de vila, acompañadas da música de charangas. A media noite, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, que descenderá polo Camiño Real acompañado da Banda de Gaitas do Concello de Verín. Centenares de mulleres, e moitos homes disfrazados de damas, percorrerán desde San Lázaro até as prazas Maior García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior, onde o locutor de Cadena 100, Vidal López, caldeará o ambiente. Despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, terá lugar a lectura do pregón. A música, luces e o son das chocas dos cigarróns recordaranlle aos presentes que o Entroido 2012 chega con paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!. A orquestra Paris de Noia porá o broche á noite máis “feminina” do Entroido verinense.
Organizador: Concello de Verín
web engineered by hostname.pt